Monstr3s

Laura ParrulaÓscar Villán

Chega a hora de durmir e o pequeno pide deixar a luz
acesa porque ten medo do monstro de debaixo da
cama. Coma nun teatriño, a lectora vai descubrindo
que nese cuarto habitan tres criaturas diferentes, e
goza de saber que ningunha sabe da existencia das
outras. De forma divertida e emocionante, este conto, a
modo de kamishibai, móstranos como as criaturas se
atopan, se asustan e se reconcilian, mentres o
escenario vai cambiando e se vai ordenando e
desordenando en función do estado anímico dos
personaxes. Ten un final con moitas posibilidades que
fará gozar a lectoras e mediadoras da lectura, que non
podemos desvelar nesta sinopse porque tedes que ler
este libro.

15,90 

Categoría

Ficha técnica

Ficha Monstr3s

Autora: Laura Parrula
Ilustrador: Óscar Villán
Tradutoras: Laura Sáez, Mónica Pazos, Saleta Fernández
Páxinas: 40
Dimensións:210x297mm
Idioma: Galego
ISBN: 978-84-946341-5-4
Editora: Patasdepeixe Editora