A última fronteira

Cecilia Heikkilä

O avó e o osiño comparten o soño de visitar a última fronteira: un lugar especial e difícil de atopar cheo de
criaturas salvaxes e marabillosas, un lugar onde o aire arrecende a arume de piñeiro, un lugar que só viron
nunha postal.
Os dous estudan mapas, len libros e practican a acampada para preparárense para a súa aventura. Despois
zarpan para o norte, pero cando chegan alí, atopan un porto animado cheo de tendas, onde parece que
ninguén lembra a última fronteira. Existirá aínda o fermoso lugar dos seus soños ou nunca poderán atopalo?
Esta historia íntima e colectiva de abraio e aventuras explora a través dun carrusel de imaxes en movemento
temas como a celebración da natureza e a fraxilidade das paisaxes salvaxes, ao tempo que, de forma
paralela, fainos ser conscientes dos afectos familiares e dos vínculos que nos unen á vida en todas as súas
dimensións, do persoal ao colectivo, do íntimo ao universal.
A impresionante obra de arte de Cecilia Heikkilä está chea de textura, cor e carácter. A lectora atopará nas
súas ilustracións calma e acougo, abraio e emoción.

17,50 

Categoría

Ficha técnica

Ficha técnica A última fronteira

Autora: Cecilia Heikkilä

Tradutor: David Álvarez
Páxinas: 44
Dimensións:220×280 mm
ISBN: 978-84-127810-0-7
Editora: Patasdepeixe Editora