Nos medios Radiofusión: Patasdepeixe edita en galego as historias do “Mickey Mouse do bloque comunista”

A toupiña Krtek, que o checo Zdeněk Miler creou a finais dos anos 50 para que o bloque comunista tivese un Mickey Mouse de seu, fala galego grazas a Patasdepeixe Editora. “Decidimos rescatar este personaxe tenro e entrañable que nunca se editara na Península”, explica Laura Sáez Fernández, quen destacou tamén nos micrófonos de Radiofusión o aspecto “retro e vintage” da ilustración.

Con esta novidade son xa doce as referencias de Patasdepeixe, unha editorial que nacía en 2008 co lanzamento de O incrible neno devorador de libros. Unha das características singulares do proxecto é a súa independencia dos poderes públicos. “Traballamos sen axudas gobernamentais porque entendemos que a Xunta, nos seus distintos gobernos, nunca fixo unha aposta seria pola lectura, non conseguiu crear unha rede de lectores”, explican. “Manifestámonos en contra desas políticas porque entendemos que o que hai que subvencionar é lectura, non as editoriais”, argumenta Laura Sáez.

Ler artigo completo:

https://www.radiofusion.eu/

0
Patasdepeixe
Privacidade

Este sitio web usa cookies para que lle poidamos ofrecer a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no seu navegador e realiza funcións como recoñecerlle cando regresa ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web lle resultan máis interesantes e útiles.