Zdeněk Miler
Zdeněk Miler (21 de febreiro de 1921) é un animador e ilustrador checo máis coñecido pola súa toupiña (Krtek ou Krteček no orixinal) e as súas aventuras.
Miler fixo preto de 70 películas. En preto de 50 delas, o protagonista era a súa máis famosa creación, A toupiña pequena (Krtek en checo). A idea para a súa creación veu cando foi contratado para facer un filme educativo para nenos en 1956. El non estaba feliz co guión que lle deran dado. Como estaba fortemente influenciado polas películas de Walt Disney, pensou nun animal como personaxe principal. Máis tarde, dixo que a idea de utilizar a toupiña como personaxe ocorréraselle cando tropezara nun monte cunha toupeira durante unha camiñada. A primeira película foi titulada “Como a toupiña atopou os seus pantalóns” (“Jak krtek ke kalhotkám přišel”), que gañou un León de Prata en Venecia. En principio, a toupiña falaba. Pero Miler quería que a súa toupiña puidese ser entendido en todo o mundo polo que decidiu utilizar as súas fillas como actrices de voz, reducindo o discurso a exclamacións curtas non figurativas, coa fin de expresar os sentimentos de Krtek e a súa percepción do mundo. As súas fillas tamén foron os seus coellos de indias, pois elas vían os filmes primeiro. Así Miler podería ver se a súa mensaxe era entendida polos nenos. Krtek tivo un enorme éxito en Checoslovaquia, Europa Oriental e de Alemaña dende o principio e hoxe Krtek pode verse en máis de 80 países.
Fai clic aquí para ver un video da toupiña: http://www.youtube.com/watch?v=QV1FPG6JThc
https://es.wikipedia.org/wiki/Zden%C4%9Bk_Miler
As súas obras
- A toupiña e o inverno 0 a 3 anos Máis info
- A toupiña e o outono 0 a 3 anos Máis info
- A toupiña e o verán 0 a 3 anos Máis info
- A toupiña e a primavera 0 a 3 anos Máis info
- A semana da toupiña 0 a 3 anos Máis info