Axel Scheffler
Axel Scheffler (nacido en 1957) é un ilustrador e animador de orixe alemana que vive en Londres. É moi coñecido polas súas ilustracións, tanto en libros infantís como películas de animación especialmente O Grúfalo e A filla do Grúfalo, escritos por Julia Donaldson.
Scheffler naceu en Hamburgo e trasladouse a Inglaterra en 1982 aos 25 anos. Estudou na Bath Academy of Art e traballou en publicidade e publicacións despois de se formar en 1985. É moi coñecido polas súas ilustracións distintivas para os autores de libros infantís de Gran Bretaña, Alemaña e Holanda, incluíndo, ademais de Julia Donaldson, Jon Blake, Paul Shipton, David Henry Wilson, Uwe Timm, Paul van Loon e Toon Tellegen. Vive en Blackheath, Londres.
https://axelscheffler.com/
As súas obras
- Queda sitio na vasoira? Máis info
- O Grúfalo 3 a 9 anos Máis info
- A filla do Grúfalo 3 a 9 anos Máis info
- O libro de xogos do Grúfalo 3 a 9 anos Máis info
- Aprende a debuxar co Grúfalo 3 a 9 anos Máis info