Librería Bahía

A nosa libraría ten unha historia longa. Naceu no ano 1963 da man de Suso do Bahía e Marita e da man deles convirteuse en toda unha institución en Foz donde Suso, ademáis de vender, recomedar e promocionar o libro sobre todo galego, foi a alma de numerosas iniciativas culturais. Cando eles xa se ían retirando do negocio, Cielo -a súa filla- e Miguel collimos o relevo. Logo dun par de cambios de emplazamento ahora mesmo a libraría está situada nun local do ano 1936 que foi cine e teatro e no que se desenvolveu gran parte da vida cultural do pobo naquel tempo difícil. Gústanos sentir que ese espírito emprendedor e amante da cultura segue a transitar polos seus muros e que, dalgún xeito, somos un pouco herdeiros del igual que queremos selos dos fundadores da libraría: Suso e Marita.

0